Din que desde no Miradoiro da Curotiña, a 512 de altura, obsérvase unha das mellores panorámicas de Galicia, e non se equivocan. En días despexados poderemos chegar coa vista ata lugares tan afastados como o Monte de Santa Tegra, moi preto de Portugal.
O que seguro veremos desde este balcón de pedra privilexiado é a impresionante magnitude da Ría de Arousa e as súas vilas. E unha recomendación para os novos visitantes: os solpores nestes lugar non os esqueceredes xamais.